Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Xosé Manuel Beiras Torrado

Xosé Manuel Beiras (Compostela, 1936), é unha figura clave na Galiza contemporánea, tanto pola súa faceta de economista, como catedrático de Estrutura Económica na USC, como pola de político e referente social.

É autor de ensaios fundamentais do pensamento económico galego, como Por unha Galiza liberada e O atraso económico da Galiza. Últimamente traduciu Catro cartas a un amigo alemán e outros textos e A desfeita, de Albert Camus. Excelente articulista e orador, é recoñecido como un dos intelectuais con maior lucidez á hora de interpretar o noso mundo.

Destacou como activista e membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial.

No eido político foi cofundador do PSG e do BNG. Posteriormente liderou o Encontro Irmandiño e estivo á fronte do agromar de Anova–Irmandade Nacionalista en xullo de 2012. Nese mesmo ano Anova promoveu a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), da que Beiras foi portavoz parlamentario.

Xosé Manuel Beiras, nunha das sesións do  Espazo para os Dereitos Colectivos dos Po-  bos, do Foro Social Mundial de Dakar 2011,  na Universidade Cheikh-Anta-Diop, xunto á  parlamentaria kurda Emine Ayna.

Información relacionada

PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
O ATRASO ECONÓMICO DA GALIZA (4ª ed.)
A MÁQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso