Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Carlos López Bernárdez

Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e licenciado en Xeografía e Historia, sección de Historia da Arte.

O seu traballo no ámbito da análise cultural mantén dúas liñas fundamentais, unha dedicada aos estudos da literatura galega do século vinte con especial atención aos movementos de vangarda e unha segunda, centrada no ámbito da historia da arte, orientada á construción de análises, nomeadamente sobre a arte galega, que supoñan unha descentralización dos relatos -ruptura do esquema centro/periferia.

Entre os seus libros destacan:

Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (2004), en colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro.

Breve historia da arte galega (2005)

Maruja Mallo, a pintura da nova muller (2010)

Do idilio á diáspora. Modernidade é compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2012)

Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento, 2016).

Entre as súas publicacións tamén cómpre salientar as dedicadas a escritores como Lorenzo Varela, Manuel Antonio, Xosé María Álvarez Blázquez, Vicente Risco, Eduardo Blanco-Amor, Rafael Dieste ou Ramón Cabanillas.

Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento Faro da cultura do xornal Faro de Vigo.

Información relacionada

A LOLA
O TARTUFO
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA
NACIONALISMO E IMPERIALISMO
O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"