Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Xabier Pérez Davila

Xabier Pérez Davila (Bueu 1957). Economista, profesor no IES Chapela (Redondela). Diplomado en Estudos Avanzados cun traballo sobre os Factores que inflúen na viabilidade dos sistemas de protección social. Estudoso da evolución do capitalismo desde a SGM, as relacións entre economía e ecoloxía e o proceso en curso de mercantilización acelerada da sociedade. Sindicalista. Delegado de CIG-ensino. Participou moi activamente no movemento anti-OTAN.

É o autor de A batalla polas pensións (1980-2013). Estaleiro Editora, 2013. Sobre este mesmo tema impartiu conferencias por todo o país e asinou “Pensións públicas, catástrofe demográfica ou asalto planificado?”, (A Trabe de Ouro, no 86) e “A batalla polas pensións” (Luzes de Galiza, no 16).

Colabora nas seccións de opinión en Sermos Galiza e A Peneira.

Entre o 2005 e 2007 encargouse das seccións de economía e ecoloxía no xornal InfoRosal. En 1986 publicou con Braulio Amaro “30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz. Materiais Didácticos”.

Información relacionada

A MAQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA
UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
FOULA E RONSEL
VOZ E SILENCIO
FRONTE DA ARTE
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso