Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Andrés Pociña

Andrés Pociña (Lugo, 1947) é Profesor Emérito de Filoloxía Latina na Universidade de Granada, na que foi Catedrático durante corenta anos e Decano da Facultade de Filosofía e Letras.

Especialista en literatura latina, sobre todo en historia e pervivencia do teatro antigo, e ademais autor, xunto con Aurora López, de milleiros de páxinas sobre Rosalía de Castro, en especial unha “Bibliografía Rosaliana” en catro volumes (A Coruña, 1991 - Padrón, 2017), unha edición crítica da “Obra galega completa” e o libro “Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra” (Santiago, Laiovento, 2000).

En galego ten publicados libros de poesía, novela, relatos “Nas transparencias do Miño” (Santiago, Laiovento, 2005); no presente volume encóntrase a primeira edición na súa lingua galega orixinal das tres primeiras obras teatrais do autor, que xa foron editadas en español, italiano e portugués.

Información relacionada

FÁBULA DAS AVES
RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN (2ª Ed.)
NINGUÉN DORME
ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
© Edicións Laiovento, 2016-2019 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso