Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Olivia Pena

Licenciada en Tradución e Interpretación e mais en Filoloxía Galega, e doutora en Estilística pola Universidade da Coruña, exerce como profesora de Lingua galega e Literatura no ensino secundario. Asentada definitivamente desde hai uns anos en Carballo, a vila onde pasou a infancia e a adolescencia, deuse a coñecer no teatro case por casualidade con “Verónika penitente”, un monólogo que apareceu en Casahamlet por volta do 2008. No ano seguinte, publicarase “Frida connection: deconstrución posmodernista” nun volume colectivo (Novos autores II) dos Cadernos de Teatro (Laiovento) e presentará un traballo de investigación en Casahamlet, “Cando a dor se converte en universo” (2009), na homenaxe da revista ao dramaturgo Xesús Pisón. Desde entón –sen abandonar en ningún momento o proxecto en que xa nesa altura andaba embarcada: Plastic Dolls Show, a primeira obra longa–, colabora exclusivamente para Casahamlet con varios traballos de creación, como “Absolut Wonderland: fantasía macerada nunha botella de vodka” (2010), “Noivado de lúa (e vento)” (2011) e “Se Martín Machado coñecese a Norman Bates” (2012).

Información relacionada

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso