Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Gaio Xulio César

Gaio Xulio César (c. 100-44 AEC) foi unha das figuras máis sobranceiras da antiga Roma.

Como militar, engadiu amplos territorios ao Imperio e foi o vencedor dunha cruenta guerra civil, na que desembocaran as fortes tensións político-sociais que no seu tempo vivía a República romana.

Como gobernante, deseñou unhas reformas conducentes a unha maior concentración do poder nas mans dunha soa persoa. A posta en práctica de tal proxecto, rexeitado por un grupo influente da clase dirixente romana, provocou unha conspiración que culminou nun dos magnicidios máis famosos da Historia.

Como escritor, cultivou varios xéneros literarios, e del conservamos dúas obras clásicas da historiografía romana e occidental: A guerra da Galia e A guerra civil. Ambas amosan unha técnica narrativa que, baixo aparencia de obxectividade, transluce a ansia dun político por xustificar os propios feitos.

Información relacionada

PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
O ATRASO ECONÓMICO DA GALIZA (4ª ed.)
A MÁQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso