Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Xosé María Álvarez Cáccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo naceu en Vigo no ano 1950. Poeta e crítico literario, ten publicado tamén obra narrativa e teatral e literatura para crianzas. É autor, entre outros, dos seguintes libros de poemas: Praia das furnas (1983), Luminoso lugar de abatimento (1987), O lume branco (1991), Calendario perpetuo (1997), Os cadernos da ira (1999), Vocabulario das orixes (2000), Ancoradoiro. Obra poética (1983-2003), Vento de sal (2008), A boca da galerna (2011) e Tempo de cristal e sombras (2014). Memoria de poeta (2006) é o título da súa autobiografía. Tempo do pai (2008) recolle a evocación da vida de Xosé María Álvarez Blázquez. As súas colaboracións críticas, recollidas no libro Espazos do poema (2009), están dedicadas á poesía galega da segunda metade do século XX. A súa máis recente publicación é a novela As últimas galerías (2015).

Información relacionada

O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"