Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Manuel Castelao Mexuto

Manuel Castelao Mexuto (Santiago de Compostela, 1956) foi catedrático de Lingua e Literatura no ensino secundario.

O seu traballo crítico ten como centro a literatura contemporánea e, en particular, os lugares do suxeito e da Galiza naquela tradición. So ese ángulo, fixo unha tese de doutoramento “cum laude” e premio extraordinario na Universidade da Coruña.

Publicou os libros Novoneyra/Celso Emilio, Manoel-Antonio. De catro a catro e Álvaro Cunqueiro. O incerto señor don Hamlet, alén de estudos sobre Eduardo Pondal ou Anxo Rei Ballesteros, entre outros. Recibiu o Premio Carvalho Calero, na edición do Centenario, polo ensaio Elucidacións na sombra. Consciente de que, hoxe, o lugar da literatura como experiencia se torna cada vez máis problemático, o seu esforzo oriéntase a facer accesíbel o coñecemento apaixonado da literatura como xenuíno proceso de comunicación social, pois aquela, aínda se se vive en privado, é asunto público de alcance transcendente.

Información relacionada

A MAQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA
UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
FOULA E RONSEL
VOZ E SILENCIO
FRONTE DA ARTE
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso