Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Xesús Pisón

Xesús Pisón é autor, nos seus inicios literarios, de obras burlescas como O pauto, Inmortal, A esencia do amor ou Ei, Feldmühle, fantasía do Valadouro con vampiros. Posteriormente deriva para o drama con Peza de Frankenstein, O cuarto de Ofelia e Como Jekyll e Hyde, obras nas que o autor fai emerxer os efectos do amor e do desamor, das dificuldades das relacións humanas, etc... Máis adiante acada unha linguaxe singular en textos como A Vía Láctea e Tatuaxes, que mostran a lacerante coexistencia do amor e o odio no seo da parella ou da familia. E a seguido consuma unha escrita innovadora en Animal/Vacío, un “via crucis” que comeza no ventre materno e culmina no paralisante ventre da Tribo; e en Os ollos, que mostra unha das formas actuais de valeiramento de seres humanos. Ademais, Pisón ten publicados textos breves de diversa temática, e tamén teatro para nenos, como O xigante don Gandulfo ou Viva Peter Pan. Igualmente coñecemos diversos ensaios sobre literatura e mitoloxía que o autor vén publicando regularmente. Un exemplo deste xénero é a presente Alborada de Edipo, onde estuda o vello tema de Edipo que, en palabras do autor, “constitúe a expresión máis transcendente da natureza humana”.

Información relacionada

PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
O ATRASO ECONÓMICO DA GALIZA (4ª ed.)
A MÁQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso