Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Antón Figueroa

Anton Figueroa, nado en 1943, estudou na USC onde se doutorou en 1979 con Premio extraordinario. Na mesma Universidade foi Profesor Adxunto de 1983 a 1993 e desde entón Catedrático de Filoloxía Francesa deica 2013. A súa investigación centrouse na análise das relacións interliterarias, e en particular nos contactos da literatura galega coa literatura francesa e outras literaturas. Foi profesor invitado nas universidades de Rennes II, e Le Mans, CUNY, UPV, Oviedo etc. Interesado pola teoría de compo literario de P. Bourdieu foi membro do grupo ESSE (Pour un espace pour les sciences sociales europeennes) e invitado nos seus congresos de Bielefeld, Friburgo, Venecia e Paris. E autor dos libros Diglosia e Texto (Xerais), Lecturas alleas (Sotelo B.), Communication littéraire et culture en Galice (en colaboración con X. González-Millán,L’Harmattan), Nación, Literatura, identidade (Xerais), Ideoloxía e Autonomía no campo literario galego, (Laiovento). O presente libro inscríbese nesa mesma traxectoria de estudios interculturais.

Información relacionada

A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET II
GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA
1968
RECORDES DOS SERES VIVOS
TRES OBRAS TEATRAIS
O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso