Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Diana Varela Puñal

Nacida en Corme, Costa da Morte, trasladouse ós catorce anos á Coruña, onde exerce na actualidade como avogada. Colaborou no diario Galicia Hoxe coa súa sección semanal Cartas boca arriba.

Despois de gañar o Premio Díaz Xácome, de Mondoñedo, no 2006 obtivo polo seu poemario Fíos (editorial Espiral Maior) o Premio Uxío Novoneyra das Pontes de García Rodríguez. En decembro de 2010 publica, tamén en Espiral Maior, o seu segundo libro, Animal Abismo.

No 2011 presentou o poemario infantil ilustrado, As trovas de Midas, publicado en Galebook e novidoso por estar dispoñible tanto en formato dixital coa voz da propia autora, como en papel. En decembro de 2012 gañou o premio Estornela de Teatro, coa súa obra Arlequino Viceversa, publicada na editorial ferrolán Embora.

Presentou a dramatización de dúas pezas de teatro: Lúa de Mel, (editorial Laiovento), dentro do libro colectivo Banqueiros, e A morte é a túa voz ausente (editorial Pigmalión).

Información relacionada

O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso