Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

ADOLPHE

Tradución de Xosé Manuel Beiras

Estamos ante unha proposta para a literatura galega da tradución dun texto relativamente curto e, en gran parte, inxustamente esquecido da literatura francesa, pero que se sitúa nos albores da novela romántica, (lembremos Atala [1801] e René [1802] de Chateaubriand, ou Corinne [1808] de Mme de Staël) coa que comezaría a saga da grande novela moderna francesa do XIX. Trátase de Adolphe (1816) de Benjamin Constant. Sitúase pouco despois das obras mencionadas e so quince anos antes que do primeiro gran relato deste século Le Rouge et le Noir (1830), e dalgunha maneira contribúe a explicar e a poñer a andar unha nova escritura moi diferente da escritura de corte clásico. O interese desta noveliña esta precisamente neste carácter teórico, preparatorio, precursor e renovador dos presupostos narrativos, na medida en que desbota as regras do clasicismo, aínda en certo modo vixentes no século XVIII (no caso de Voltaire, por exemplo), para dar lugar a unha narrativa mais preocupada polos problemas resultantes dos hábitos sociais e polo seu peso decisivo na conduta e na psicoloxía do individuo. Parécenos moi útil que a literatura galega, que xa traduciu obras de Stendhal, Balzac e Flaubert conte tamén agora con esta aportación.

Antón Figueroa Lorenzana

Titulo: ADOLPHE

Autores:

Catálogo Xeral, 388

Compostela, 2020

narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

104 páxinas

ISBN: 978-84-8487-493-5

dispoñible en IBD

prezo 14,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-494-2

prezo 7,00 €

COMEZAR A LER
A MAQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA
UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
FOULA E RONSEL
VOZ E SILENCIO
FRONTE DA ARTE
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso