Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

NAMBERGUÁN. GUIÓN DE CINEMA

O guión de cinema Namberguan, que se asenta en alicerces de fasquía mítica, aínda que dotados de persoal tratamento e contemporánea degradación, introdúcenos cun nesgo cómico no noso incipiente e desleigado mundo das finanzas. Ironía, humor, sátira e parodia emanan do xogo dialéctico entre realidade e apariencia. Máscaras e disfraces, equívocos e bromas, enredos e peripecias, fan choutar os resortes do fenómeno cómico, e propician a posibilidade de vernos (e recoñecernos) a nós mesmos. Un considerábel diálogo intertextual, quer paródico, quer analóxico, inza o guión. E iso talvez o insira na rica e longa tradición da comedia, aínda que, obviamente, sen refugar o noso herdo artístico e cultural.

Ademais dos diversos temas ou subtemas que conforman ou reforzan a cerna textual (erotismo, cobiza, abuso de poder, identidade, engano, corrupción...), xorde con forza a alienación causada polo neoliberalismo capitalista (galaico?). O ser humano como mercadoría: velaí o que no fondo se aborda no texto por medio da comicidade. Algo moi vello, sen dúbida, pero argallado arestora, e co público de noso como principal destinatario.

Titulo: NAMBERGUÁN. GUIÓN DE CINEMA

Autor: Euloxio R. Ruibal

Catálogo Xeral, 232

Santiago, 2008

117 páxinas

teatro

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-114-X

A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET II
GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA
1968
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso