Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

INCITACIÓNS

Consideramos importante recompilar e reeditar estas recensións non só por chamaren a atención sobre libros de ensaio e memorias que non están presentes no noso ámbito cultural, e que abordan cuestións tales como o legado do marxismo, a arte das vangardas, a relación do escritor co xornalismo, os camiños da crítica literaria, a experiencia do exilio... senón porque estes breves textos, concibidos e escritos para unha publicación periódica, que teñen como obxecto as obras doutros, son a voz dun perspicaz lector que se tornou autor. Reeditar estes textos é unha maneira de contribuír, de novo, ao debate e á reflexión, e facelo da man de Xesús González Gómez é darlle unha oportunidade ao público de se reencontrar cunha voz intelixente, culta, libérrima, apaixonada, que non pretende convencer, senón dialogar. Por iso resulta aínda máis interesante e estimulante naquilo que le e que escribe.

Titulo: INCITACIÓNS
Escolma de recensións de obras ensaísticas publicadas n'A Nosa Terra (1998-2008)

Autor: Xesús González Gómez

Catálogo Xeral, 257

Santiago, 2009

156 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-175-4

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso