Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LITERARIO GALEGO

No rexurdimento da cultura galega a arte naceu con responsabilidades políticas. Xusto cando en Europa o autor, os artistas, comezaban a se liberar definitivamente das pexas de protectores, amos e mecenas, o escritor galego nace con obrigas e tamén sometido a unhas “regras da arte” derivadas da ideoloxía mesma que facía posíbel a existencia do campo cultural e literario.

Como fixeron escritores e artistas para iren creando unha cerna importante de campo, de autonomía e de valores literarios? Neste libro reflexiónase sobre a relación en certo modo contraditoria entre ideoloxía, acción e autonomía da arte e trátase de analizar algunhas das solucións que o campo literario deu a este problema en dous momentos de renovación da súa historia: no contexto da xeración Nós e no contexto dramático do rexurdir da literatura galega baixo o franquismo da posguerra. Alén diso, trátase de demostrar como o escritor galego pode, sen renunciar ás leis literarias nin perder liberdade, utilizar o seu poder simbólico, como fixo Zola, e intervir no mundo social. O rol de escritores e artistas fronte á desfeita do “Prestige”, ou ultimamente na defensa da lingua, mostrou moi claramente a súa forza social. Mais este poder simbólico, esta forza social só se consegue acadando primeiro a autonomía artística ao defender, fronte a todas as regras do poder, as regras da arte xeradas no campo literario

Titulo: IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LITERARIO GALEGO

Autor: Antón Figueroa

Catálogo Xeral, 265

Santiago, 2010

196 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-185-1

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso