Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN

Agrándanse, co paso do tempo, a personalidade e a obra de toda unha vida de RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990). Non as cualificaremos como irrepetíbeis, mais si, desde logo, como irrepetidas até o presente. Varias circunstancias invulgares concorren para xustificarmos tal afirmación. Leitor precoz desde moi neno, axiña esta dedicación leitora ha de se converter en vocación escritora e, así, de moi cedo van datar as súas primeiras incursións poéticas. Bacharel aos quince anos, tenos aínda cando accede ás aulas da Facultade de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

Coñecida a súa traxectoria, ao longo de nada menos que cincuenta anos, desde o inicio da década dos cuarenta até o momento mesmo do seu falecemento, tal semella que a tormenta e o tormento da guerra civil española, o seu desenlace, funcionasen á maneira dunha especie de catarse ascética ou ascetismo catártico que o fortificase de por vida para todo o que, non leve, precisamente, lle restaba por experimentar.

Nas décadas seguintes, foi a súa unha actividade incesante na investigación literaria, nos estudos gramaticais e lingüísticos, na crítica, no traballo de campo e na análise literaria e historiográfica, para alén de non abandonar nunca o cultivo da convencionalmente chamada literatura de creación, que serviu igualmente en todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro.

Esta edición de textos –homenaxe no centenario do seu nacemento– recolle unha pequena antoloxía significativa do traballo do maior e mellor polígrafo da súa xeración, con achegas fundamentais para o estudo das nosas letras, tanto polo seu rigor canto pola súa vixencia.

Titulo: RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN

Autores:

Catálogo Xeral, 268

Santiago, 2010

258 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-195-8

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso