Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

DRAMATÍCULAS

A medio camiño entre un libro de contos e un de poemas sitúanse estas partículas. Algunhas dramáticas, outras posdramáticas. Nas primeiras encétanse fíos narrativos que se desenvolven pendurados da acción verbal, nas segundas ábrense fendas nas que a acción foxe do relato para ser son, movemento e xesto puros.

Como na vida, hai escenas de amor e desamor. Hainas de personaxes que se buscan. Hainas de voces que non chegan a ser personaxes porque non dan construído a súa identidade. Hai escenas de sexo. Hainas de pensamento. Pero en todas, os personaxes, de habelos, han ser a actriz ou o actor que os actúe e os diga, han ser as lectoras e os lectores que queiran xogar con estas dramatículas. Porque, á fin e ao cabo, o que aquí se propón é un xogo coas voces que ha chamar polo corpo.

Titulo: DRAMATÍCULAS

Autor: Afonso Becerra de Becerreá

Catálogo Xeral, 273

Santiago, 2010

teatro

poesía

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

120 páxinas

ISBN: 978-84-8487-199-6

prezo 12,00 €

ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA
UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
FOULA E RONSEL
VOZ E SILENCIO
FRONTE DA ARTE
IRMANDIÑAS
FÁBULA DAS AVES
RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN (2ª Ed.)
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso