Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A POUTADA DO OSO

Enxergar é poñer todos os sentidos, mais os da intuición, sobre o que nos arrodea: a sensibilidade. Cómpre pois enxergar agora o que nestas liñas se nos conta sobre un anaco da vida de Iván Marrube: unha terra, un tempo e unha acción. Non podía ser doutro xeito, é esta unha homenaxe que Lois Diéguez, en plenitude, fai a súa nación, Galiza, á Terra de seu. Á Ribeira Sacra con capital en Monforte e a esa aldea a cabalo do Courel dos tesos cumes, Salcedo. Por aquí o Oso esperta polo Entroido e segue anunciando cada primavera. O paso pola Coruña, con outras incursións, incluso a Malí e á Tombuctú, capital da nación negada Tuareg, no corazón do Sahara. O tempo é o noso, entre un e outro Entroido. Na acción os personaxes, como enfermos, arrastran o debate entre o rural e o urbano, entre o imperio e a nación, entre o humanismo e a mercantilización. E os conseguintes efectos: as contradicións, a crise de identidade, a anomía.

Gabancioso desvarío tras unha publicidade arrodeada de bixuterías, La Coruña es Cielo... Guión cinematográfico con luz, sombras, policromía, arrecendo a loureiro e tamén a gasóleo urbano, cunha inquietante música de fondo, quizais de chirimía, a cabalo da que cabalgamos sobre horizontes de montes e entre urbanizacións impersoais en que cada día se acenden, arden e apagan os sete pecados capitais. Sabor a filloa e a pizza... e detrás de nós, a gadoupa, a sorpresa ancestral da Poutada do Oso, o bater da identidade, construída por tradicións, pescudas, innovacións, por relacións cun mundo que tamén nos zuga, engole, uniformiza e escraviza.

Lois Diéguez fende tópicos, abre novos vieiros na Galiza das encrucilladas.

Titulo: A POUTADA DO OSO

Autor: Lois Diéguez

Catálogo Xeral, 276

Santiago, 2011

304 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-204-7

DÍAZ DE CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"