Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A REPRESION FRANQUISTA NA COMARCA DA CORUNA

Este libro pretende recuperar a memoria histórica, ou sexa, a memoria da represión con que o franquismo estragou a comarca da Coruña. Mais é tamén un acto de xustiza para reparar tanta dor e sacrificio e, así mesmo, unha achega para coñecer a verdade. Como dicía Castelao nunha das súas estampas, non enterraron cadáveres, senón semente.

É unha publicación que quere iluminar, como aquel libro do escudo constitucional do Concello da Coruña da IIa República que difundía, por riba da Torre de Hércules, un resplandor luminoso de Progreso e Liberdade (curiosamente, estas foron as dúas primeiras rúas que suprimiron os franquistas cando se fixeron cargo da primeria corporación municipal).

Tendes na man un traballo que quere recordar o pasado, se cadra os acontecementos máis traumáticos que padeceu esta sociedade, mais tamén tenta rememorar o papel da cidade da Coruña e a súa comarca como a referencia máis dinámica e transformadora do noso país. Nesta bisbarra tiveron un protagonismo especial todo tipo de movementos sociais, foi o berce do movemento nacionalista galego na súa versión máis progresista, un referente do movemento obreiro, maiormente anarcosindicalista, mais tamén de influxo socialista nalgúns sectores, espazo en que se desenvolveu un agrarismo que destacaba pola súa relación coas ideas socialistas ou libertarias.

Despois da longa noite de pedra da ditadura franquista e de moitos anos de silencio, é hora de homenaxear as vítimas, reparar tanta inxustiza, coñecer a verdade e gardar as súas vidas na nosa memoria colectiva.

Titulo: A REPRESION FRANQUISTA NA COMARCA DA CORUNA
Vidas na memoria

Autor: Proxecto “Nomes e Voces”

Catálogo Xeral, 287

Santiago, 2011

ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

274 páxinas

ISBN: 978-84-8487-218-4

prezo 19,00 €

MERCAR

mercar en IMOSVER

tamén dispoñíbel noutras
plataformas da rede

PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
O ATRASO ECONÓMICO DA GALIZA (4ª ed.)
A MÁQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso