Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A ROTA DO SOL

A rota do sol. Unha mirada no que pasa trata do estado da cues- tión nacional galega e do mundo neste tempo de crise política e económica-financeira. Nun momento en que se agudiza o propósito de configurar o Estado español como nación única e España como nación exclusiva, no relato saliéntanse a personalidade histórica diferenciada de Galiza, a condición do galego como lingua propria, nacional e universal e a capacidade social e económica propria para sustentar o pleno autogoberno, tendo que enfrontarse ao grave problema migratorio e demográfico herdado. A nova situación internacional é contemplada desde a perspectiva obrigada dos acontecementos de 1989, no ano da caída do Muro de Berlín e o Consenso de Wáshington sobre o capitalismo neoliberal e o fundamentalismo de mercado, co declinio das potencias da Guerra Fría, a emerxencia de novos Estados como salientes actores mundiais, a permanencia das desigualdades no planeta e a existencia de pobos que aínda loitan contra o horror do apartheid, a opresión nacional e a negación dos dereitos humanos. Neste contexto o traballo razoa sobre o carácter da Unión Europea, considerando os efectos da crise e o recoñecemento de nacións sen Estado. Por fin aprécianse as relacións de Galiza con Portugal e O Brasil.

Titulo: A ROTA DO SOL
Unha mirada no que pasa

Autor: Camilo Nogueira Román

Catálogo Xeral, 289

Santiago, 2011

278 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-220-7

RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN (2ª Ed.)
NINGUÉN DORME
ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
© Edicións Laiovento, 2016-2019 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso