Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A ESTRELA NA PALABRA

Publicado en Coedición con Espiral Maior Edicións.

A estrela na palabra. Novas conversas con Xosé Manuel Beiras ve a luz cando teñen transcorrido quince anos da publicación de A nación incesante (1989), primeiro libro de conversas con Xosé Manuel Beiras tamén realizado por Miguel Anxo Fernán Vello e Francisco Pillado Maior. A estrela na palabra ofrece un vivo testemuño do Beiras humano e político dos nosos días, combinando diferentes análises sobre a realidade política actual, tanto no que afecta a Galiza e ao BNG en particular como no que atinxe á realidade internacional vista desde o prisma do político, escritor e ideólogo galego. Con Xosé Manuel Beiras, co seu discurso e coa súa acción, os autores reivindican a "estrela" na "palabra", a lucidez persoal extraordinaria dun home que marcou e marca toda unha época e que é semente intelectual e política de futuro.

Titulo: A ESTRELA NA PALABRA
Novas conversas con Xosé Manuel Beiras

Autores:

Fora de Serie, 10

A Coruña, 2004

312 páxinas

13x21cm

ISBN: 84-8487-066-9

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso