Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

PAPAGAIO

No mes de marzo do ano 2001 as edificacións das rúas Hospital e Tabares da cidade da Coruña foron derrubadas por máquinas de dentes de ferro que levantaron unha poeira que cubriu o barrio enteiro.

Durante as semanas anteriores e nos días que duraron os traballos de demolición, Maribel Longueira permaneceu atenta, rexistrando coa cámara as paredes e a súa caída; e tamén os cascallos, anacos dun tempo perdido nos que se podía presentir o que albergaron durante anos os andares e os cuartos dos edificios agora arruinados: os berros e saloucos de pracer e de sufrimento, a sensualidade, se cadra a ledicia, seguro que a tristeza... A realidade controvertida dun comercio protagonizado polos corpos das mulleres e do que eran testemuñas as paredes vencidas e os obxectos espallados entre o po e a lama.

En principio soa, máis tarde coa complicidade da escritora Luísa Villalta, artellou unha historia sobre a memoria dunha arquitectura xa desaparecida, o denominado barrio do Papagaio, semellante aos que existiron e aínda existen noutras cidades do mundo.

Titulo: PAPAGAIO

Autores:

Fora de Serie, 13

Santiago, 2006

104 páxinas

21x24cm

ISBN: 84-8487-086-3

VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"