Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

O REBUMBIO DOS VAGALUMES

2ª edición:
novembro 2015

O rebumbio dos vagalumes é unha novela na que a súa protagonista, Paula, unha profesora universitaria emparellada cun executivo de éxito do mundo financeiro, se rebela contra o destino ao que se sente condenada. As procuras desta muller e os folgos cos que decide canear a súa vida furan sen retorno a vida de varios personaxes até que un rebumbio de vagalumes a empurra a un destino ao que non quería chegar. A historia de Paula, contada en primeira persoa, convive cos testemuños doutros personaxes e co de Xaime, a súa parella –enfiadas pola inercia e a traxedia dun destino que non agardaban vivir.

O que lle acontece á protagonista, e mais ás persoas coas que convive ao longo da obra, cumpre coa traxedia muda de moitas mulleres que no tempo actual, pola asfixia emocional do medio no que vive, non enfían a vida pola cara que máis lles convén. A novela, desenvolta en diferentes cidades galegas e europeas, empata varias historias –a dun boticario, un financeiro e dous médicos– dentro dunha trama común contada con ritmo e paixón polos seus personaxes e por un narrador alleo ás outras vidas de Paula. “Todos os retratos –asegura a protagonista da novela– agochan máis do que asoman”.

Titulo: O REBUMBIO DOS VAGALUMES

Autor: Alberte Santos Ledo

Catálogo Xeral, 322

Santiago, 2015

228 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-304-4 (1ª edición: 84-8487-297-9)

DÍAZ DE CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"