Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

OS BORBÓNS: UNHA MONARQUÍA ESCANDALOSA

Este libro fala do que non se pode dicir, nin divulgar: temos unha monarquía corrupta, cunha tradición de reis e raíñas implicados en negocios, que utilizaron o trono para o seu enriquecemento. O rei Juan Carlos era o “jefe” da trama corrupta do Instituto Nóos, onde están implicados Iñaki Urdangarín e a súa esposa, a infanta Cristina.

Temos unha monarquía caduca, desprestixiada, que non ten futuro e que non foi elixida polo pobo. A chamada dinastía borbónica non existe e ten pouco de exemplar. Dadas as numerosas relacións de reis e raíñas con amantes é moi difícil saber quen é o pai ou a nai de moitas infantas e infantes. O rei Alfonso XII, coñecido como “El Puigmoltejo”, non era fillo de Francisco de Asis de Borbón y Borbón, esposo da raíña Isabel II, senón de Enrique Puigmoltó i Mayans, tenente de enxeñeiros.

O que cualifican moitos libros de historia como o “Réxime”, que tivemos de 1936 a 1977, foi en realidade unha ditadura criminal, equiparábel, segundo a ONU, á Alemaña nazi e a Italia fascista de Mussolini. Foi o ditador Franco quen elixiu a Juan Carlos en 1969 como o seu sucesor e o futuro rei xurou fidelidade ao Caudillo Franco e ás leis da ditadura.

Cando se cumpriron xa corenta anos da morte do ditador, aínda quedan moitos restos do franquismo, como o pazo de Meirás e unha gran fortuna da familia Franco. Unha Fundación, que recibe fondos públicos para lembrar e enaltecer a figura do ditador. Simboloxía fascista por todo o Estado e 150.000 persoas vítimas da represión continúan en cunetas e foxas. Permanecen as distincións honoríficas e títulos nobiliarios a golpistas e criminais, que se sentaron nos consellos de ministros presididos por Franco.

Mentres tanto, Felipe VI, o mesmo que o rei Juan Carlos, aínda non condenou a ditadura franquista. Está en marcha a Querela Arxentina para xulgar os crimes do franquismo, que gozan aquí de impunidade porque, en virtude do pacto da Transición, os sucesivos gobernos de UCD, PSOE e PP interpretaron a Lei de Amnistía de 1977 como unha lei de punto final.

Titulo: OS BORBÓNS: UNHA MONARQUÍA ESCANDALOSA
A herdanza do franquismo

Autor: Manuel Monge González

Catálogo Xeral, 327

Santiago, 2016

340 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-311-2

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso