Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO

A principios do século XIV, os cátaros parecían definitivamente eliminados. A herexía que socavara as cimentacións da igrexa católica por fin fora erradicada, logo de dous séculos de desapiadada cruzada. Porén, os altos cumios dos Pirineos son demasiado inaccesibles, mesmo para os predicadores do papa. Alí, os habitantes da pequena aldea de Montaillou mantéñense fieis á doutrina dos chamados homes bos, unha especie de sacerdotes que, na clandestinidade, difunden a herexía pola rexión. Mais nunca foi a igrexa amiga de mirar para outro lado.

Tres personaxes (unha nobre castelá, un humilde pastor e un membro da Inquisición) achégannos a súa visión sobre o enfrontamento final entre dúas formas de rezar, entre dous xeitos de vivir. Ao cabo das súas vidas, as lembranzas flúen e espertan a nostalxia dun tempo en que puxeron a súa prezada liberdade por enriba daquilo que outras xentes, outros homes, decidiran que tiñan a obriga de ser.

Titulo: HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO
Parte I: de cans e lobos

Autor: David Conde

Catálogo Xeral, 330

Santiago, 2016

narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

314 páxinas

ISBN: 978-84-8487-320-4

prezo 19,75 €

MERCAR

mercar en IMOSVER

tamén dispoñíbel noutras
plataformas da rede

PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
O ATRASO ECONÓMICO DA GALIZA (4ª ed.)
A MÁQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso