Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO

Cómpre un balance do desgoberno de Feijóo. Sete anos perdidos, sete anos en negro. Este é o «éxito económico» de Feijóo: no primeiro trimestre de 2009, co goberno bipartito (PSOE-BNG), Galiza tiña 162.700 persoas desempregadas, cunha taxa de paro do 12,22%, e acababa 2015 con 222.700 parados e unha taxa do 17,74%; nese mesmo período, a débeda pública de Galiza pasaba de 3.923 millóns de euros a 10.375 millóns, e Galiza perdía máis de 18.000 millóns de euros na súa capacidade de gasto, pasando de 11.793 millóns de euros en 2009 a 8.873 millóns en 2016. Galiza recada cada ano 3.000 millóns de euros máis do que despois inviste o Estado na nosa nación. Perdemos 8.464 millóns de euros dende a entrada en vigor do sistema de financiamento autonómico en 2009. E Feijóo calou.

Retroceso no Estado de Benestar. Recorte de 237 millóns de euros no orzamento de Sanidade (un 18%), hai un proceso de privatización da sanidade pública e suprimíronse máis de 3.000 postos de traballo. Recorte de 256 millóns de euros no orzamento de Educación desde 2009, coa perda de máis de 2.000 ensinantes. Hai 23.672 persoas dependentes, que seguen esperando por unha prestación, e 465.852 persoas (o 16,14% da poboación) viven na Galiza por debaixo do limiar da pobreza.

Desmantélase o sistema financeiro galego e as caixas fusionadas véndense, a prezo de saldo, a un banco venezolano. Perdemos o Banco Pastor e o noso aforro tamén emigra. Abandono de sectores estratéxicos da nosa economía: volven as tractoradas en defensa dun prezo digno para o leite; paralización da construción naval; temos menos barcos de pesca e perdemos caladoiros; a Xunta practica unha nefasta política forestal e o PP prorroga a concesión a Ence na ría de Pontevedra até 2073.

Continúa a corrupción nos concellos galegos e o financiamento ilegal do PP. O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, está procesado por ofrecer traballo a cambio de sexo. E Feijóo non sabía nada.

Titulo: O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO
Sete anos en negro

Autor: Manuel Monge González

Catálogo Xeral, 332

Santiago, 2016

202 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-326-6

EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
RETRATO DO COLONIZADO
AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso