Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

MARGOT SPONER

Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada Altgalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era un texto semellante en forma e funcións ao que M. Pidal publicara en 1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte á que nunca se someteu. Neste estudo inténtase reconstruír, de maneira entrecortada –os datos son irregulares–, unha vida de investigación, pero tamén de dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín, Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media.

Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo pagou coa súa vida por defendelos.

Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa memoria.

Titulo: MARGOT SPONER
Do galego antigo ás fronteiras da resistencia

Autor: Antón Figueroa

Catálogo Xeral, 350

Compostela, 2017

128 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-376-1

COMEZAR A LER
DÍAZ DE CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"