Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA

Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega da primeira metade do século pasado, con especial atención ao papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes.

A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da retratística na modernización da pintura galega desde fi nais do século XIX até mediados do XX, desde a “Xeración Doente” até Laxeiro, Eugenio Granell, Maruja Mallo ou Seoane.

A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das figuras centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a perspectiva dos xéneros.

Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa –coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados “realismos de entreguerras”. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética.

Titulo: IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA

Autor: Carlos López Bernárdez

Catálogo Xeral, 353

Compostela, 2018

128 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-387-7

COMEZAR A LER
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
XAN DO ARRABALDO
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
A LOLA
O TARTUFO
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA
NACIONALISMO E IMPERIALISMO
O ARTE E SUA HISTORIA
CANTAR NA CORUÑA
DÍAZ CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"