Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

OS MONOS DE LAXEIRO

O presente volume é unha recompilación exhaustiva da totalidade das viñetas que Laxeiro fixo para a prensa. Este traballo, actualmente non moi coñecido, de quen chegou a ser unha figura fundamental na renovación da arte galega do século XX, é publicado por primeira vez de forma completa e significa, por tanto, unha achega imprescindible para o coñecemento, tanto dos inicios dun dos artistas galegos máis relevantes de tódolos tempos, como do humor gráfico na Galicia daquela época.

Estes traballos datan dos anos 1928, 1929 e de xaneiro de 1930. Laxeiro tiña entre vinte e vinte e un anos e son o primeiro traballo profesional dun artista, aínda mozo, que demostra xa unha grande madurez e unhas dotes excepcionais para o debuxo, así como un fino sentido do humor.

O libro complétase con tres textos que abordan esta faceta de Laxeiro dende tres perspectivas ben diferentes, como son a circunstancia persoal e biográfica; o aspecto estilístico e antropolóxico e, por último, a contextualización no panorama do humorismo gráfico da época.

Titulo: OS MONOS DE LAXEIRO
Obra humorística na prensa

Autor: Laxeiro (José Otero Abeledo)

Catálogo Xeral, 362

Compostela, 2018

144 páxinas

arte

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-409-6

COMEZAR A LER
1968
RECORDES DOS SERES VIVOS
TRES OBRAS TEATRAIS
O CABALEIRO DA ROSA
OS MONOS DE LAXEIRO
O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS
FEMINISMOS E LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALICIA
XAN DO ARRABALDO
BOLA DE SEBO E OUTROS CONTOS
CARLOS MARX, O ETERNO REBELDE
AS POLÍTICAS MUNICIPAIS DE XÉNERO EN ESPAÑA
A LOLA
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"