Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A GUERRA DA GALIA

Este texto, narrado nunha das terceiras persoas máis famosas da Historia da Literatura, relata a conquista da Galia polo seu autor. A obra foi concibida como un relato de campaña bélica destinado a fornecer dunha fonte de primeira man a historiadores posteriores, pero tamén como unha arma de propaganda: neste senso, o seu fin foi incrementar a influencia da figura de César na opinión pública informada da antiga Roma, e así servir de alicerce para a concreción das súas ambicións de poder. Por iso, A guerra da Galia constitúe unha fonte da maior importancia para comprender o seu xeito de actuar, así como a súa personalidade.

Os efectos sobre o territorio da conquista de César séntense aínda hoxe, pois a administración da Galia como provincia converteuna nunha peza básica do Imperio Romano, da que xurdiría o reino medieval dos francos e o futuro estado francés.

Polo que toca á pegada do texto na posteridade, xa desde o Renacemento esta obra foi moi lida e admirada por un gran número de gobernantes e militares europeos, que nela aprenderon nocións de estratexia bélica, e tamén de habelencia política.

Ademais, para moitas xeracións de estudantes de latín de toda Europa, este foi o primeiro texto amplo ó que se enfrontaron, e co que abriron unha porta á súa propia comprensión do funcionamento da lingua de Roma.

Coidamos que todas estas razóns son máis que abondas para que o idioma galego se conte, por fin, entre as moitas linguas que posúen unha tradución de A guerra da Galia.

Titulo: A GUERRA DA GALIA

Autores:

Catálogo Xeral, 371

Compostela, 2019

370 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-444-7

COMEZAR A LER
ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
© Edicións Laiovento, 2016-2019 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso