Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

Xosé Manuel Beiras Torrado

Xosé Manuel Beiras (Compostela, 1936), é unha figura clave na Galiza contemporánea, tanto pola súa faceta de economista, como catedrático de Estrutura Económica na USC, como pola de político e referente social.

É autor de ensaios fundamentais do pensamento económico galego, como Por unha Galiza liberada e O atraso económico da Galiza. Últimamente traduciu Catro cartas a un amigo alemán e outros textos e A desfeita, de Albert Camus. Excelente articulista e orador, é recoñecido como un dos intelectuais con maior lucidez á hora de interpretar o noso mundo.

Destacou como activista e membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial.

No eido político foi cofundador do PSG e do BNG. Posteriormente liderou o Encontro Irmandiño e estivo á fronte do agromar de Anova–Irmandade Nacionalista en xullo de 2012. Nese mesmo ano Anova promoveu a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), da que Beiras foi portavoz parlamentario.

Xosé Manuel Beiras, nunha das sesións do  Espazo para os Dereitos Colectivos dos Pobos, do Foro Social Mundial de Dakar 2011,  na Universidade Cheikh-Anta-Diop, xunto á  parlamentaria kurda Emine Ayna.

Información relacionada

ESPERTEMOS!
INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA EN BANDA DESEÑADA. VOLUME II: MACROECONOMÍA
MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA
A IRRELIXIOSIDADE EN OCCIDENTE: A SÚA HISTORIA E VICISITUDES
O PASEO
A NACIÓN DOS MIL VIÑOS
NACIONALISMO, LIBERALISMO E OUTROS TEMAS
RETRATOS EN FITE
LÉXICO FAMILIAR
A MULLER DE LONA
MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
A GRANDE TRANSFORMAÇOM
A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
PANDRAMA
SOÑOS NO LIMIAR
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda