Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Joan Fuster i Ortells (Sueca, Valencia,1922-1992), estudou Dereito en Valencia. Deuse a coñecer como poeta con Sobre Narcís. En 1955 iniciou, con El descrèdit de la realitat, unha brillante carreira de ensaísta, historiador e crítico literario con libros como Les Originalitats, Figures de temps, Indagacions possibles, Diccionari per a ociosos, Causar-se d’esperar, L’home mesura de totes les coses, Examen de consciència, Babels i babilònies, Contra Unamuno y los demás, Punts de meditació, Sagitari, La poesia catalana, Poetes, moriscos i capellans, Heretgies, revoltes i sermons, Literatura catalana contemporània, La decadència al País Valencià…
Autor de libros básicos para coñecermos o País Valenciano: Nosaltres el valencians, Qüestió de noms e El País Valenciano entre outros, en 1969 apareceu o seu: Diari 1952-1960. Colaborou en innúmeros xornais e revistas, tanto cataláns, como valencianos e españois. Cofundador de Verbo. Cuadernos literarios, fundou e dirixiu a revista de literatura e pensamento L’Espill.