Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Manuel, nunha viaxe bidireccional, camiña simultaneamente ao pasado e ao futuro, recuperando a memoria que necesita para construír a esperanza. As quince personaxes que se reúnen en “Casa Filomena” para reflexionar sobre a súa experiencia vital e común, son tamén unha referencia simbólica ao grupo dos quince que, co cura Jesús Cesar Silva Méndez, fundaron Benposta.
Paco Castro ofrécenos unha recreación que, ademais de constituír un particular “Poema Pedagóxico” da experiencia benposteña, a partir dela extrae as ideas e as referencias necesarias para construír o novo proxecto de Lamaboa.
A dobre viaxe que Manuel fai contándolle a Luana e a súa filla: a lembranza do pasado e a esperanza do futuro. Unha lembranza pausada daquela viaxe que os límites da vida e o amor impulsaron. A grave enfermidade de Flora, En vez de fundilos na derrota impúlsaos a facer unha reflexión crítica e construír unha proposta educativa global.
Unha novela, recreación, ensaio. Experimento que ven ser historia de transmisións, porque a vida é unha sucesión de veces. Manuel chega e recibe a súa homenaxe, mais Lamaboa non é un lugar de destino senón un camiño, daquela pon no horizonte chegar á orixe do rio Mao, ofrecéndonos con iso outra metáfora da vida. Pois é posible que a vida non sexa máis ca iso, unha viaxe ás orixes.
Título: DE BENPOSTA A LAMABOA
Autor: Paco Castro Alvaredo
Catálogo Xeral, 406
Compostela, 2021
Narrativa
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
306 páxinas
ISBN: 978-84-8487-545-1
dispoñíbel en IBD
prezo 21,95 €
EDICIÓN EBOOK
ISBN: 978-84-8487-549-8
prezo 10,00 €