Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER

Se un escoita a testemuña de moitos dos estudosos que tiveron algún contacto con Heidegger, que presenciaron as súas leccións universitarias ou asistiron ás súas conferencias ou seminarios, é fácil quedarse coa impresión de que estiveron en presenza dun auténtico oráculo filosófico. Mais, o brillante futuro que parecía abrírselle a esta filosofía, rapidamente se escureceu ao caer sobre ela a sombra do nazismo. Pero é sobre todo despois da publicación dos Cadernos negros que, como sinala o seu editor Peter Trawny, o nome de Heidegger vai inevitablemente unido a un caso de disputa para todo o que queira adentrarse no seu pensamento. Parece, entón, que unha visión integral da súa filosofía non pode eludir esta cuestión, por moito que exista un inxente número de intérpretes que consideran o nexo pensamentopolítica en Heidegger infundado ou baseado en malentendidos.

Neste ensaio abórdase esta polémica co obxectivo de proporcionarlle unha resposta ou, cando menos, achegar sobre ela unha perspectiva filosófica que afecta ao corazón mesmo do pensamento heideggeriano. Basicamente, despois dunha breve referencia a certos feitos históricos, o traballo divídese en tres partes: coméntanse algúns textos heideggerianos ineludibles de contido político, preséntase o debate filosófico sobre o asunto Heidegger desde a selección duns poucos autores significativos e, por último, o autor ofrece unha visión da conexión entre filosofía e política en Heidegger que explicaría o seu compromiso ideolóxico co nacionalsocialismo.

Título: A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER

Autor: Xesús Vázquez Méndez

Catálogo Xeral, 414

Compostela, 2022

Ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

256 páxinas

ISBN: 978-84-8487-580-2

tamén dispoñíbel en IBD

prezo 17,95 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-581-9

prezo 9,00 €

COMEZAR A LERcomezar a ler A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
MERCARmercar A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
ESPERTEMOS!
INTRODUCIÓN Á ECONOMÍA EN BANDA DESEÑADA. VOLUME II: MACROECONOMÍA
MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA
A IRRELIXIOSIDADE EN OCCIDENTE: A SÚA HISTORIA E VICISITUDES
O PASEO
A NACIÓN DOS MIL VIÑOS
NACIONALISMO, LIBERALISMO E OUTROS TEMAS
RETRATOS EN FITE
LÉXICO FAMILIAR
A MULLER DE LONA
MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
A GRANDE TRANSFORMAÇOM
A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
PANDRAMA
SOÑOS NO LIMIAR
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda