Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Diego Antonio de Zernadas, coñecido como o cura de Fruíme, é unha das figuras máis senlleiras da literatura galega do Barroco. Ben como ilustrado, ben como literato, a súa maior importancia reside no feito de ser o máximo cultivador do galego durante os séculos escuros.
Cando Galiza vivía un momento crítico que fendía as súas bases económico-sociais, no que era unha continuación da onda de descrédito á que estaba a ser sometida dende a instauración da dinastía dos Trastamara, o nome de Zernadas y Castro situouse como un dos intelectuais galegos máis preocupados por denunciar a situación.
Nesta obra non só se dá conta do perfil da realidade galega do século XVIII, senón que ademais, por vez primeira e baixo unha detida análise filolóxica, preséntase o corpo completo da obra galega do cura de Fruíme.
Francisco Fernández del Riego sinala no prólogo que “o libro de Pardo de Neyra (...) é un libro ilustrativo, mesmo aleccionador. Porque explica as características dunha época, e analiza unha obra significativa. Enxertado nun tempo no que se ergue a voz dos “Ilustrados” galegos, dá a verdadeira medida doutra voz que se valeu do idioma propio para defender os valores do país. A análise realizada nas súas páxinas polo autor, é unha análise comprida, evidentemente proveitosa para os que se interesen pola figura precursora nelas estudiada”.
Título: O LABOR LÍRICO DO ILUSTRADO CURA DE FRUÍME
Textos galegos de Zernadas y Castro
Autor: Xulio Pardo de Neyra
Catálogo Xeral, 160
Santiago, 2002
Ensaio
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
375 páxinas
ISBN: 978-84-8487-011-1
prezo 20,00 €