Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

MULLERES NA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA GALEGA

Coa represión, que se xeneralizou coa vitoria dos sublevados en 1939, centos de mulleres comprometidas coa guerrilla antifranquista foron asasinadas, encarceradas, torturadas, violadas, recluídas en campos de concentración; tiveron que partir cara ao exilio nunha viaxe, para algunhas, sen volta ou viviron un exilio interior. A súa é a crónica das silenciadas, porque foron obxecto dunha dupla falta de memoria: por seren desafectas ao novo réxime e pola súa condición feminina.

A planificación política e ideolóxica imposta polo réxime ditatorial e polo nacionalcatolicismo tivo unha especial incidencia nas mulleres. Foi unha época en que o androcentrismo campou por todas as partes; agardábase que fosen transmisoras da ideoloxía do novo réxime e que estivesen alonxadas da actividade pública. De aí a incomprensión, o rexeitamento para as que traspasaron as barreiras da domesticidade porque, en maior ou menor medida, estaban exercendo unha actividade política e, por tanto, pública. A represión, que adoptou diversas facianas, foi especialmente cruel coas mulleres, mais as dimensións e a ferocidade dos métodos utilizados coas guerrilleras foi brutal.

Para elas durante moitos anos só houbo silencio, esquecemento e tortura moral, ao facelas pasar non só como bandoleiras, igual que os seus compañeiros de loita, senón tamén como as “queridas”, as amantes dos guerrilleiros. Por iso recuperar os seus nomes, a súa voz, a súa actividade como guerrilleiras do monte ou da chaira significa darlles existencia e desvendar o papel que tiveron na resistencia antifranquista. E é, tamén, unha forma de homenaxealas porque, malia as múltiplas negacións, a súa verdade histórica non se pode nin se debe esquecer.

Título: MULLERES NA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA GALEGA

Autor: Aurora Marco

Catálogo Xeral, 286

Santiago, 2011

Ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

532 páxinas

ISBN: 978-84-8487-211-5

prezo 33,20 €

MERCARmercar MULLERES NA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA GALEGA
A IRRELIXIOSIDADE EN OCCIDENTE: A SÚA HISTORIA E VICISITUDES
O PASEO
A NACIÓN DOS MIL VIÑOS
NACIONALISMO, LIBERALISMO E OUTROS TEMAS
RETRATOS EN FITE
LÉXICO FAMILIAR
A MULLER DE LONA
MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
A GRANDE TRANSFORMAÇOM
A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
PANDRAMA
SOÑOS NO LIMIAR
TRÍPTICO ÁRTABRO
O TERROR NAS TEBRAS E OUTRAS CATAS NA MEMORIA
O PORTUGUÉS ESQUECIDO (2ª ED)
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda