Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Na illa volcánica de Estigma, a vida vese ameazada polas pegadas do pasado. A desconfianza aniña no seo dunha parella, dous irmáns afrontan o destino que levan marcado na pel, unha persoa acabada de chegar investiga un masacre e do remoto continente chega un descoñecido. Historias todas que se entretecen nunha trama chea de suspense.
Froito da colaboración dramatúrxica de Jacobo Paz, Rubén Ruibal e Vanesa Sotelo, Estigma contén imaxes poderosas, un percorrido inquietante e unha visión pouco optimista respecto ao ser humano. É unha obra creada a partir da colisión de tres forzas da natureza, que son os tres dramaturgos. Cada un deles é como unha placa tectónica que choca coas outras. Estigma é un produto desa colisión e aí naceu a illa onde se desenvolve a peza. As ideas dos tres conformaron puntos de ruptura, ambigüidades, motivos que cada un deles desenvolve dunha maneira diferente, un universo polisémico. Esa é a gran riqueza da peza. Estigma é tamén unha distopía postecnolóxica. É dicir, unha utopía negativa. Un mundo idílico pero escuro, angustioso e pesimista.
Título: ESTIGMA
Autores:
Escena Aberta, 5
Santiago, 2009
Teatro
EDICIÓN IMPRESA
17x21cm
118 páxinas
ISBN: 978-84-8487-169-X
prezo 13,00 €