Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidida dende un comezo. Unha escritura poética que, coma os latexos da vida, se foi construíndo devagar mais de forma incesante. De xeito que cada poema interpela e dialoga co seu próximo.
O joc partit das vellas cantigas medievais cobra vida auténtica e dobra e expande o potencial da voz poética. Os textos entrelázanse, nunha estrutura cambiante e (ir)reversíbel.
A partir da sensibilidade individual –de creadora e creador, neste caso– os versos asumen a condición dun todo único e plural. O que fai que, pola súa vez, isto constitúa un marabilloso exercicio de reinterpretación, á vez singular e colectiva, da existencia.
Título: PARTITURAS
Autores:
Ventoalto, 6
Compostela, 2019
Poesía
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
134 páxinas
ISBN: 978-84-8487-448-5
prezo 14,00 €