Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:

funcionais (obrigatorias)

publicitarias (Facebook pixel)

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

confirmar selección
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube
Edicións Laiovento
Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN
pesquisar
síguenos en Twittersíguenos en Facebooksíguenos en Instagramsíguenos en YouTube

A irrelixiosidade en Occidente: a súa historia e vicisitudes

Flavio López López

Novidade editorial: "A IRRELIXIOSIDADE EN OCCIDENTE: A SÚA HISTORIA E VICISITUDES"


A presente obra trata unha materia, a irrelixiosidade, usualmente ignorada ou só obxecto de aproximacións moi parciais, en contraste claro coa abundancia de estudos sobre as manifestación relixiosas ou mesmo da literatura que ten o ateísmo e a inexistencia de deus como centro.

O fenómeno da irrelixiosidade vai estreitamente unido á non necesidade da idea ou instrumento de deus para podermos arrostrar a existencia humana, en contraste co seu contrario –a relixiosidade– en que se alicerzan e fundamentan o conxunto das relixións do mundo occidental de que formamos parte.

A análise céntrase no devir histórico da irrelixiosidade desde os seus primordios, con atención ao mundo clásico grecorromano, en que se manifesta unha relativa ou até notábel tolerancia das posicións irrelixiosas ou ateístas. Ese cadro muda para a marcada intolerancia característica do pensamento único cristián, que deu lugar a unha asañada e a miúdo sanguenta represión, só superada cando emerxe o iluminismo e comezan os movementos revolucionarios propios da modernidade.

ir ao libro

Novidade editorial: "A NACIÓN DOS MIL VIÑOS"

A nación dos mil viños

Martiño Santos Canosa
Xosé Gontá Sobrino
Toño Núñez Amigo-Rivadulla

A “Nación dos mil viños” -A guía galega para adentrarse no mundo do viño- busca ser unha iniciación combinada á cultura do viño en xeral, á súa proba sensorial e o panorama concreto dos viños galegos.

ir ao libro

Novidade editorial: "O PASEO"

O paseo

Robert Walser

O paseo, que chegou ás librarías en 1917, é seguramente a obra máis emblemática do suízo Robert Walser. Estamos ante unha xoia literaria, ante unha exquisitez que revela unha inusitada vis cómica e lírica e máis un abraiante dominio da lingua.

ir ao libro

A IRRELIXIOSIDADE EN OCCIDENTE: A SÚA HISTORIA E VICISITUDES
O PASEO
A NACIÓN DOS MIL VIÑOS
NACIONALISMO, LIBERALISMO E OUTROS TEMAS
RETRATOS EN FITE
LÉXICO FAMILIAR
A MULLER DE LONA
MEMORIAS DUN EXGALEGO (2ª ED)
A GRANDE TRANSFORMAÇOM
A CUESTIÓN POLÍTICA NA PERSOA E NO PENSAMENTO DE MARTIN HEIDEGGER
PANDRAMA
SOÑOS NO LIMIAR
TRÍPTICO ÁRTABRO
O TERROR NAS TEBRAS E OUTRAS CATAS NA MEMORIA
O PORTUGUÉS ESQUECIDO (2ª ED)
© Edicións Laiovento, 2016-2022 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda